SOBRE AGACeS

Benvidos o Weblog da Asociación Galega de Cartografía e Sistemas de Información xeográfica 

 Estimados amigos:h1cjpg.jpg

A Asociación Galega de Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica -AGACeS- naceu en maio do 2005, en vísperas do XXII Congreso Mundial de Cartografía que se celebrou na Coruña.

Os fins principais de AGACeS son:

1. Fomentar o uso e difundir o coñecemento da Cartografía e dos Sistemas de Información Xeográfica.

2. Favorecer, fomentar e alentar o libre uso e circulación da Cartografía e da Información Xeográfica.

3. Investigar e Informar sobre o uso de software libre e estándares de interoperabilidade.

4. Velar por unha producción cartográfica de calidade no contexto actual e futuro dos Sistemas de Información Xeográfica.

5. Acercar a Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica ós colectivos discapacitados.

6. Obter unha maior difusión da Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica na enseñanza media.

7. Difundir as ventaxas dos Sistemas de Información Xeográfica nos diversos ámbitos da sociedade.

8. Involucrar ós distintos estamentos da Sociedade Galega na creación do Instituto Cartográfico  de Galicia como organismo que diseñe, controle e aglutine as iniciativas necesarias no ámbito da Cartografía, dos Sistemas de Información Geográfica e da Información Xeográfica.

Os seus ESTATUTOS están visados pola Consellería de Xusticia, Interior e Administración Local co nº 8649, sección 1ª do Rexistro Central da Comunidade Autónoma de Galicia.

A %d blogueros les gusta esto: