AGACES con motivo das IV Xornadas técnicas da IDE de España que se celebrarán en Santiago do 17 ó 19 de Outubro organiza a exposición Cartografía Antiga de Galicia.
Trátase dunha exposición das distintas obras cartográficas existentes do territorio galego ó longo da historia. O material conseguiuse de distintos fondos, entre eles a colección cartográfica Martínez-Barbeito (Arquivo do Reino de Galicia). A exposición inaugúrase o día 14 no Salón Real do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela e durará ata que finalicen as Xornadas Técnicas da IDE de España.